A Consellería quere aprobar unha lei que reforce a autoridade do profesorado
En relación co debate sobre a autoridade do profesorado
Manuel Dios Diz
Resulta imposible resumir nun artigo todo o que suscita un debate sobre a autoridade do profesorado que, polo demais, non é novo. Habería que enmarcalo nunha reflexión máis global sobre a sociedade, sobre o fracaso (social e escolar), sobre o rol que xogamos cada quen, e de maneira máis particular, sobre a propia comunidade educativa que xa non se circunscribe ós pais e ás nais, ós docentes e ó alumnado, porque hoxe, como sabemos, existen novos axentes, algúns moi activos e poderosos, na transmisión de valores (positivos ou negativos) como son, por exemplo, os iguais, os media ou a publicidade. Con todo aportarei algunha reflexión.
Textos en formato PDF
SE O PREFIRES PREME EN LER MAIS PARA VER O RESTO DO ARTIGO