|
S.G.E.P.
Acceso
|
|
Comunicados : HABERÁ LEI DE FOMENTO DA CULTURA DA PAZ DE GALICIA EN 2010
|
|
Enviado por S.G.E.P. o 03/06/10 11:06:00 (99 Lecturas)
|
O LUNS CONSTITÚESE A PONENCIA CONXUNTA NO PARLAMENTO É UNHA INICIATIVA DO SEMINARIO GALEGO DE EDUCACION PARA A PAZ O vindeiro luns, día 7 de Xuño, quedará constituída oficialmente a Ponencia Conxunta no Parlamento Galego, cos representantes nomeados polos tres grupos parlamentarios, para iniciar o procedemento de elaboración do Anteproxecto de Lei de Fomento da Cultura da Paz de Galicia, unha iniciativa promovida, hai case que dous anos, polo Seminario Galego de Educación para a Paz e a Fundación Cultura de Paz sobre os precedentes da Lei Catalana de 2003 e a española de 2005. O borrador anexo, aceptado polos tres grupos parlamentarios como documento base, foi elaborado polo Seminario Galego de Educación para a Paz, e contempla un Preámbulo explicativo e xustificativo do proxecto e do concepto de Cultura de Paz xunto con 9 artigos nos que se abordan os seguintes aspectos:o obxecto da lei, o ámbito de aplicación, actuacións no ámbito dos dereitos humanos, na convivencia democrática, no ensino e na cooperación, nos medios de comunicación social, no desarmamento global, iniciativas de promoción da paz, así como a creación dun Instituto Internacional pola Paz. Para o Seminario Galego de Educación para a Paz e para a Fundación Cultura de Paz, que preside D. Federico Mayor Zaragoza, é unha enorme satisfacción que, neste ano no que se cumpre o XXV Aniversario do Seminario, se materialice un obxectivo moi buscado, a creación de estruturas de participación específica en materia de paz e a consolidación de medidas concretas de apoio á cultura de paz de carácter anual, con orzamentos precisos, aprobados en sede parlamentaria. Esta iniciativa únese á recente creación da Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos na USC, a organización e celebración do Foro 2010, xunto coa ´posta en marcha do Lar da Paz de Herbón en Padrón, outros tres proxectos estrela deseñados no Plan Estratéxico do Seminario Galego de Educación para a Paz como mellor conmemoración do seu XXV Aniversari0.
Se queres ver o DOCUMENTO BASE preme aquí
|
|
|
Comunicados : NOVO CRIME CONTRA DA HUMANIDADE DO GOBERNO SIONISTA DE ISRAEL
|
|
Enviado por S.G.E.P. o 01/06/10 10:06:00 (121 Lecturas)
|
UN NOVO CRIME CONTRA DA HUMANIDADE DO GOBERNO SIONISTA DE ISRAEL 
O ataque totalmente desproporcionado do exército israelíta contra do convoio humanitario coñecido como “frotiña da liberdade”, en augas internacionais, podería ter causado ata 16 mortos entre os activistas desarmados que viaxaban no barco de bandeira turca asaltado. Esta criminal intervención militar contra cooperantes indefensos é unha proba máis, a enésima, de que o sionismo non ten límites nen escrúpulo moral algún á hora de desprezar o dereito internacional e as vidas de centos de pacifistas que pretendían levar a Gaza a axuda humanitaria que precisan e denunciar o bloqueo á que está sendo sometida a súa poboación civil coa total e absoluta pasividade da Unión Europea e a comunidade internacional. O Seminario Galego de Educación para a Paz quere manifestar publicamente a súa condena máis enérxica por esta actuación criminal do goberno israelita ó tempo que reclama da xustiza internacional a apertura dunha causa por crimes contra da humanidade esixindo as responsabilidades penais correspondentes. O goberno español, ademais, debería tomar de inmediato as medidas diplomáticas e xurídicas necesarias para garantir a seguridade dos cooperantes españois que viaxan no barco atacado e para que este novo atentado israelita non quede impune. Non é suficiente cunha condena formal ou con chamar a consultas ó embaixador de Israel en España. Como presidencia de turno da UE ten a posibilidade de que esta barbarie non quede, unha vez máis, nunha condena verbal, ou nunha mostra de indignación mediática, tomando xa que logo as medidas precisas, especialmente económicas, para presionar a Israel, usando o mesmo baremo que utiliza noutros conflitos, propondo as sancións correspondentes. Preme en embajada@embajada-israel.es para enviar a túa protesta a embaixada de Israel Entrevista a Manuel Tapial cadena Ser
|
|
|
Comunicados : REUNIÓN FORO 2010
|
|
Enviado por S.G.E.P. o 31/05/10 01:05:00 (111 Lecturas)
|
EDUCADORES E INVESTIGADORES PARA A PAZ REUNIRANSE EN COMPOSTELA PARA PREPARAR O FORO 2010 O vindeiro 11 de Xuño, venres, terá lugar, no Centro de Estudios Avanzados da USC (Casa de Europa, Vistalegre), a IV REUNION DO COMITÉ ORGANIZADOR DO FORO 2010 que preside D. Federico Mayor Zaragoza, co obxecto de ultimar os preparativos do FORO 2010 (www.foro2010.org), un evento de enorme relevancia internacional que se celebrará en Compostela no remate do Xacobeo, concretamente, entre o 3 e o 30 de Decembro deste ano, e que pretende converter á capital de Galicia nunha referencia mundial da Cultura da Paz. Tres Congresos Internacionais (Información e dereitos humanos; Dereito humano á paz; Memoria, reconciliación e cultura de paz), un Foro Mundial de Educación (FME) temático sobre “Educación, investigación e cultura de Paz”, adscrito ó Foro Social Mundial (FSM), por primeira vez en Europa, así como unha Reunión de Alto Nivel da Alianza de Civilizacións coa Comisión de Premios Nobel da Paz e os coordinadores do Decenio da ONU (2001-2010) sobre a cultura da paz e a non violencia para todolos nenos e nenas do mundo. Paralelamente, durante todo o mes de Decembro, en distintos espazos expositivos de Santiago haberá fotoxornalismo (Gervasio Sánchez e o Grupo Revela, no Museo do Pobo Galego e en Caixa Nova), Cómic e literatura infantil e xuvenil non violenta (na Biblioteca Anxel Casal), Cinema e Dereitos Humanos no marco de Cineuropa, Maratón de Cinema antibelicista (Teatro Principal), pintura en Caixa Galicia, Música Clásica (World Orquestra), Festival Mundial da Paz (Juanes, Miguel Bosé... en Sar). Na reunión do Comité Organizador participarán máis de 60 persoas en representación doutros tantos centros de educación e investigación para a paz do Estado e de Portugal, organizacións, movementos sociais, sindicatos, colexios profesionais, ONGs, fundacións e cátedras universitarias. Para máis información : www.foro2010.org
|
|
|
Artigos de opinión : GASTOS MILITARES VS. GASTOS SOCIAIS
|
|
Enviado por S.G.E.P. o 31/05/10 00:05:00 (74 Lecturas)
|
GASTOS MILITARES VS. GASTOS SOCIAIS 
Estamos inmersos nun debate de enorme interese sobre as formas de reducir o déficit público, en España e en toda Europa, algo sobre o que parece existir un acordo unánime, con independencia de que teñamos valoracións diferentes sobre as causas da crise e as responsabilidades atribuíbles a cada quen, desde logo, non no mesmo grao, como é obvio. PREME EN LER MÁIS PARA VER O RESTO DO ARTIGO Se o prefieres, fai clic para ver o artigo en pdf Galego ou Castelan
|
|
|
Artigos de opinión : INTERNATIONAL CRIMINAL COURT
|
|
Enviado por S.G.E.P. o 26/05/10 15:05:05 (133 Lecturas)
|

INTERNATIONAL CRIMINAL COURT PRESIDENT. Mr. SANG-HYUNG SONG FAX: 0031705158620 Mr. President: I want to move you, in own name, and in of the Platform “Galicia with Garzón" that groups to numerous entities and organizations of Galician (Spain), our civil society more sincere letter of congratulation for the reception to the spanish judge D. Baltasar Garzón Real, as adviser of the district attorney's office of so illustrious court, for your knowledge, experience and path in defense of the Universal Justice and the Human Rights. Receive our congratulations and the desires of which the crimes against the humanity are chased always, in any part and place. Cordialment, Manuel Dios Diz President of the Galician Seminar of Education for Peace. CULTURE OF PEACE FOUNDATION
|
|
|
|
|
|