XOSÉ MANUEL BEIRAS E O SEMINARIO GALEGO DE EDUCACION PARA A PAZ, PREMIOS MONCHO VALCARCE Á DEFENSA E PROMOCIÓN DA TERRA
Manolo Dios, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz recibeo o Premio en nome do Seminario Galego de Educación para a Paz, no seu XXV Aniversario.
A Irmandade Moncho Valcarce, en honor de Ramón Valcarce Vega (1935-1993), máis coñecido como o cura das Encrobas, impulsada polos seus amigos e familiares, entrega cada ano dous premios, un á defensa da terra e outro á promoción da terra.
O Seminario Galego de Educación para a Paz agradece o recoñecemento, nun ano especialmente emblemático para a organización pacifista galega no seu XXV Aniversario, e felicita a Xosé Manuel Beiras pola concesión do Premio á defensa da Terra, ó tempo que se compromete a seguir promovendo os valores cívicos e democráticos, a educación e a cultura da paz, nas aulas, na vida e na sociedade, dentro e fora do país, co mesmo entusiasmo e firmeza cos que Moncho Valcarce defendeu os seus ideais.