diseño web por IDomo
  Novas Actividades Enlaces Voluntariado Socios Axuda Contacto
S.G.E.P.
Acceso


Páxina « 1 2 (3) 4 5 6 ... 17 »
Comunicados : Chamamento para un mundo sen armas nucleares.
Enviado por S.G.E.P. o 21/05/10 10:05:00 (83 Lecturas)

Chamamento para un mundo sen armas nucleares.

ESPAÑOL

GALEGO

INGLES

 

Actividades do Seminario Galego de Educación .... : FORO 2010 COMPOSTELA
Enviado por S.G.E.P. o 21/05/10 01:05:00 (106 Lecturas)

GALEGO:

1-. PUBLICADA A GUÍA PRÁCTICA DO FORO 2010
Para resolver as dúbidas sobre o desenvolvemento e participación no Foro 2010, que entre outros eventos inclúe un Foro Mundial de Educación temático e tres congresos académicos, acabamos de publicar o MANUAL DE USO DO FORO 2010, un documento breve que explica paso a paso a mecánica do Foro. O Manual está polo momento dispoñíbel en galego e español. En breve procederase a publicalo noutras linguas.
MANUAL DE USO (Galego, pdf 1,8 Mb): http://www.foro2010.org/images/materiais/foro2010_guia_gal.pdf
MANUAL DE USO (Español, pdf 1,8 Mb): http://www.foro2010.org/images/materiais/foro2010_guia_esp.pdf

2-. ACTIVIDADES AUTOXESTIONADAS PARA O FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN TEMÁTICO
Segue aberto o prazo de presentación de propostas de actividades autoxestionadas para o FME temático sobre “Educación, investigación e Cultura de Paz”. O prazo remata o 30 de xuño.
FORMULARIO DE PRESENTACIÓN DE ACTIVIDADES: http://www.foro2010.org/index.php?option=com_jforms&view=form&id=2&Itemid=121
DÚBIDAS: http://www.foro2010.org/index.php?option=com_content&view=article&id=119%3Adubidas-sobre-as-actividades-autoxestionadas&catid=23%3Aprogramafme&Itemid=101

3-. INSCRIPCIÓN PARA ASISTIR AOS EVENTOS DO FORO
O prazo de inscrición estará aberto até o 1 de novembro. Lembramos que as persoas responsábeis da presentación de actividades deben tamén inscribirse no Foro. O pagamento das inscricións pode realizarse vía electrónica ou ben por ingreso bancario. Siga os pasos que se indican na plataforma de pagamento.
PARA REALIZAR A SÚA INSCRICIÓN: http://www.foro2010.org/index.php?option=com_virtuemart&Itemid=105&lang=gl&vmcchk=1&Itemid=105

4-. CONFIRMACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS
Dende novembro, e durante todo o mes de decembro, en diferentes espazos expositivos da cidade de Santiago de Compostela, terán lugar actividades culturais paralelas ao Foro 2010 coa Cultura da Paz como centro (pintura, fotoxornalismo, cinema, banda deseñada, literatura...).
Consulte as primeiras actividades xa confirmadas: http://www.foro2010.org/index.php?option=com_content&view=article&id=121%3Aactividades-culturais-xa-confirmadas&catid=27%3Acultura

5-. NECESITA UNHA CARTA DE INVITACIÓN PARA ASISTIR AO FORO?
Cubra o formulario e a recibirá en pdf: http://www.foro2010.org/index.php?option=com_jforms&view=form&id=6&Itemid=122

Actividades do Seminario Galego de Educación .... : Foro 2010
Enviado por S.G.E.P. o 11/05/10 01:05:00 (117 Lecturas)


Benqueridas amigas e amigos:
Achego adxunta información detallada sobre o FORO 2010, un evento de enorme relevancia que terá lugar en Santiago de Compostela en Decembro deste ano, no remate do Xacobeo. 

Tres congresos internacionais do máximo interese (Información e dereitos humanos; O dereito humano á paz e Memoria, reconciliación e cultura de paz), unha Reunión de Alto Nivel do Grupo da Alianza de Civilizacións de Nacións Unidas coa Comisión de Premios Nobel da Paz e os Coordinadores do Decenio da Cultura da Paz da ONU, e o FORO MUNDIAL DE EDUCACION (FME) TEMÁTICO sobre "Educación, investigación e cultura de paz", por primeira vez en Europa, co apoio do Foro Social Mundial (FSM).

Ademáis, durante todo o mes, en diferentes espacios expositivos da cidade haberá Cinema e Dereitos Humanos, cómic e banda deseñada, literatura infantil e xuvenil antibelicista, fotoxornalismo (Gervasio Sánchez, Grupo Revela), Música (Festival Mundial da Paz, Juanes, Miguel Bosé... ou a actuación da World Peace Orquestra).
Santiago de Compostela e Galicia enteira serán, en Decembro de 2010, a referencia mundial da educación e a cultura da paz.
 
Toda a información, matrículas, inscricións de actividades autoxestionadas para o FME, reservas, etc. están na web: www.foro2010.org

Qué mellor maneira de celebrar o noso XXV Aniversario (1985-2010) Non esperes a última hora e participa. Difunde entre as túas amizades esta información.

Guía ForoForo 2010 Compostela

Ler máis... | 2085 bytes máis
Comunicados : Restruturación da Xunta Diretiva do SGEP
Enviado por S.G.E.P. o 11/05/10 01:05:00 (96 Lecturas)

NOVA XUNTA DIRECTIVA E REPARTO DE RESPONSABILIDADES.

A Xunta Directiva do Seminario Galego de Educación para a Paz, na súa reunión celebrada o día 5 de maio acordou, por unanimidade, proceder a unha reeestructuración e novo reparto de responsabilidades.

Extracto da Acta
PUNTO 2 DA ORDE DO DÍA:

Reestructuración da Xunta Directiva e reparto de responsabilidades:
O Presidente presenta a seguinte proposta de reestructuración da Xunta Directiva:

COMISION PERMANENTE E XUNTA DIRECTIVA

Presidente: D. Manuel Dios Diz (Socio Fundador)
Vicepresidente: D. Moisés Lozano Paz (Socio Fundador)
Secretario de Relacións Internacionais: D. Lois Xoan Trigo Martínez (Socio Fundador)
Secretaria de Relacións Sociais: Dª Carmen Durán
Secretario de Finanzas e Tesourería: D. Manuel Rodríguez Cobas

Completan a Xunta Directiva as seguintes persoas:

Secretario de Actas: D. Ramón Sánchez (Socio Fundador)
Coordinadora do Grupo Territorial de A Coruña: Dª Marisa Mariñas
Coordinador do Grupo Territorial de Ourense: D. Xulián Vázquez Míllara
Coordinadora do Grupo de Voluntariado: Dª Begoña Brea
Coordinadora do Grupo de Xénero: Dª Annia Piñeiro

Sometida á consideración dos asistentes, acórdase aprobala por unanimidade.

D. Ramón Sánchez, secretario de actas, dou fe.

Artigos de opinión : AUCTORITAS OU POTESTAS ?
Enviado por S.G.E.P. o 04/05/10 14:05:00 (238 Lecturas)



A Consellería quere aprobar unha lei que reforce a autoridade do profesorado

En relación co debate sobre a autoridade do profesorado
Manuel Dios Diz

 Resulta imposible resumir nun artigo todo o que suscita un debate sobre a autoridade do profesorado que, polo demais, non é novo. Habería que enmarcalo nunha reflexión máis global sobre a sociedade, sobre o fracaso (social e escolar), sobre o rol que xogamos cada quen, e de maneira máis particular, sobre a propia comunidade educativa que xa non se circunscribe ós pais e ás nais, ós docentes e ó alumnado, porque hoxe, como sabemos, existen novos axentes, algúns moi activos e poderosos, na transmisión de valores (positivos ou negativos) como son, por exemplo, os iguais, os media ou a publicidade.  Con todo aportarei algunha reflexión.

Textos en formato PDF

Texto completo en galego

Texto completo en castellano 


SE O PREFIRES PREME EN LER MAIS PARA VER O RESTO DO ARTIGO



Ler máis... | 11990 bytes máis
Páxina « 1 2 (3) 4 5 6 ... 17 »

Seminario Galego de Educación para a Paz - Rua Valiño, 13 - 1º. San Lázaro - Santiago de Compostela.
Tfno: 981 561 956 - 981 554 053.
paz@sgep.org