diseño web por IDomo
  Novas Actividades Enlaces Voluntariado Socios Axuda Contacto
S.G.E.P.
Acceso


Actividades do Seminario Galego de Educación .... : Diálogos pola Paz. Décima táboa.
Enviado por S.G.E.P. o 23/06/07 12:06:00 (2193 Lecturas)

REMATOU O CICLO "DIÁLOGOS POLA PAZ"

Na imaxe: Viçens Fisas, Juan José Tamayo, Manuel Dios e Xan López Facal

Os "Diálogos pola Paz", a serie de táboas redondas organizadas polo Seminario Galego de Educación para a Paz en colaboración coa Fundación Caixa Galicia e a Universidade de Santiago, chegaron ó seu fin. O ciclo de conferencias pechouse coa participación de Juan José Tamayo, teólogo e Director da Cátedra Ignacio Ellecuría da Universidade Carlos III de Madrid; Viçens Fisas, Director da Cátedra de Paz da Universidade de Barcelona e Xan López Facal, economista e ex-deputado. Todos eles deron a súa opinión sobre as causas e posibles solucións ó fracaso do "proceso de paz" en Euskadi, dende o punto de vista da teoría da "resolución de conflictos", así como da aprendizaxe histórica e práctica.


Dende o seu inicio en Novembro de 2006, o Ciclo "Diálogos pola Paz" reuniu en Compostela e A Coruña a persoeiros dos máis variados ámbitos, para tratar o tema da violencia terrorista dun xeito amplo e plural, co fin de dar unha visión global e próxima da situación actual en Euskadi. Federico Mayor Zaragoza, Carlos Garaikoetxea, Anxo Quintana, Eduardo Madina ou Johan Galtung, foron só algúns dos participantes nestas conferencias quen aportaron os seus coñecementos e a súa experiencia, ademais de avogar, en tódolos casos, por una solución pacífica e dialogada ó terrorismo vasco.

Versión imprimible Enviar a un amigo Crea un documento PDF co artigo

Seminario Galego de Educación para a Paz - Rua Valiño, 13 - 1º. San Lázaro - Santiago de Compostela.
Tfno: 981 561 956 - 981 554 053.
paz@sgep.org