FORO SOCIAL EUROPEO ESTAMBUL, XULLO 2010, ASAMBLEA EUROPEA DE EDUCACIÓN

Nós, a comunidade educativa do ensino público, reunida en Istambul no sexto Foro Social Europeo facemos un chamamento a un período de mobilización o próximo outono.
Queremos utilizar o 29 de setembro, día de manifestacións e accións sindicais en todos os países de Europa, e as datas de ao redor, para estender a mobilización e actuar xuntos e xuntas en Europa coa nosa plataforma.
Durante este período, desde finais de setembro a principios de outubro, facemos un chamamento a mobilizacións, folgas, manifestacións e accións en toda Europa para reafirmar o dereito á educación pública gratuíta para todas as persoas e para defender e aumentar os dereitos dos traballadores e as traballadoras, en base á plataforma que explicamos a continuación.
Continuaremos apoiando, durante os dous próximos anos, manifestacións nacionais e cumes alternativos ante os cumes de ministros de educación da Unión Europea, tal e como fixemos en maio en Madrid.
Organizaremos reunións en diferentes cidades europeas para involucrar cada vez a máis persoas, para compartir as nosas experiencias e conectar as nosas loitas contra as políticas neoliberais, proporemos activamente ao alumnado, a nais e pais e a organizacións de traballadores e traballadoras implicados nas loitas de educación a participar nestas reunións; consecuentemente, faremos pública a chamada a participar na próxima reunión de educación.
Quen provocou a crise é quen a ha de pagar.
PREME EN LER PARA COMPLETAR A INFORMACIÓN OU
Se o prefires, fai clic para velo en PDF
Os nosos gobernos están a utilizar a crise para cancelar os dereitos de traballadores e traballadoras, dereitos obtidos nos últimos 100 anos, e reducir salarios e pensións.
Están a utilizar os ditames do Fondo Monetario Internacional e da Unión Europea para aprobar medidas anti-crises que han de pagar só os traballadores e traballadoras (hai exemplos en Grecia, Italia, Portugal, España, Francia... ).
Unha das solucións que propomos é impor taxas ás persoas que especularon e seguen especulando. Son elas as que deben pagar a crise!
Hai que deter os recortes no gasto público en educación, hai que deter a redución dos currículos, do tempo de escolarización, de clases e materias, hai que parar a privatización e a mercatilización dos sistemas educativos.
Loitamos por un incremento dos investimentos en educación pública, por unha educación e unha investigación gratuítas.
Loitamos para deter o recorte de postos de traballo na educación, para proporcionar unha mellor calidade de ensino para todos e todas.
Hai que deter a introdución de avaliacións baseadas en habilidades determinadas polo mercado. Hai que deixar de ensinar por competencias orientadas polo mercado.
Loitamos polo dereito a unha educación gratuíta, laica e de calidade, polo dereito ao pensamento crítico, polo dereito de todos os seres humanos a ter pleno acceso ao coñecemento e a devir cidadáns e cidadás conscientes e activos, a ter igualdade de dereitos entre xéneros e non sufrir unha educación con perspectiva patriarcal.
Loitamos polo dereito á educación na lingua propia.
Apoiamos o Foro Mundial de Educación Temático "Educación, Investigación e Cultura de Paz", en Santiago de Compostela, do 10 ao 13 de Decembro; ao FME que se celebrará xunto co Foro Social Mundial de Dakar e, daremos apoio ao FME Temático en Palestina, do 28 ao 31 de outubro, onde tamén traballaremos para organizar actividades xunto cos nosos amigos e amigas de Palestina