V REUNION DO COMITÉ ORGANIZADOR DO FORO 2010
11 de Xuño, ás 10:00 horas
CENTRO DE ESTUDIOS AVANZADOS DA USC
(Vistalegre, Casa de Europa)
O Venres, 11 de Xuño, ás 10:00 horas, tivo lugar no Centro de Esdudios Avanzados da USC (Vistalegre, Casa de Europa), a V REUNION DO COMITÉ ORGANIZADOR do FORO 2010, presidido por D. Federico Mayor Zaragoza, coas asistencia de máis de 60 organizacións de todo o Estado e de Portugal, centros e institutos de educación e de investigación para a paz, sindicatos, fundacións, ONGs, colexios profesionais... que conforman o citado Comité que se constituíra en Compostela no ano 2008 co obxecto de preparar o coñecido como FORO 2010 (www.foro2010.org), un evento de enorme relevancia que traerá a Santiago, no final do Xacobeo, no mes de Decembro, a tres grandes congresos internacionais (Información e dereitos humanos; Dereito humano á paz; memoria da guerra, reconciliación e cultura de Paz), unha Reunión de Alto Nivel da Alianza de Civilizacións coa Comisión de Premios Nobel da Paz e os coordinadores do Decenio das Nacións Unidas (2001-2010) da Cultura da paz e a non violencia, o FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN (FME), por primeira vez en Europa, adscrito ó Foro Social Mundial (FSM), de carácter temático sobre "Educación, Investigación e Cultura de Paz".
Ademais, durante todo o mes de Decembro, en diferentes espazos expositivos da cidade, haberá actuacións musicais (Juanes e Miguel Bosé, Cristina del Valle, La Mala, Paco Damas xunto con artistas galegos), World Orquestra, fotoperiodismo (Gervasio Sánchez e Grupo Revela), Cómic, Literatura infantil e xuvenil non violenta, Maratón de Cinema antibelicista...

| 
|

Para visualizar as entidades que asistiron preme aquí