diseño web por IDomo
  Novas Actividades Enlaces Voluntariado Socios Axuda Contacto
S.G.E.P.
Acceso


Actividades do Seminario Galego de Educación .... : FORO 2010 COMPOSTELA
Enviado por S.G.E.P. o 21/05/10 01:05:00 (105 Lecturas)

GALEGO:

1-. PUBLICADA A GUÍA PRÁCTICA DO FORO 2010
Para resolver as dúbidas sobre o desenvolvemento e participación no Foro 2010, que entre outros eventos inclúe un Foro Mundial de Educación temático e tres congresos académicos, acabamos de publicar o MANUAL DE USO DO FORO 2010, un documento breve que explica paso a paso a mecánica do Foro. O Manual está polo momento dispoñíbel en galego e español. En breve procederase a publicalo noutras linguas.
MANUAL DE USO (Galego, pdf 1,8 Mb): http://www.foro2010.org/images/materiais/foro2010_guia_gal.pdf
MANUAL DE USO (Español, pdf 1,8 Mb): http://www.foro2010.org/images/materiais/foro2010_guia_esp.pdf

2-. ACTIVIDADES AUTOXESTIONADAS PARA O FORO MUNDIAL DE EDUCACIÓN TEMÁTICO
Segue aberto o prazo de presentación de propostas de actividades autoxestionadas para o FME temático sobre “Educación, investigación e Cultura de Paz”. O prazo remata o 30 de xuño.
FORMULARIO DE PRESENTACIÓN DE ACTIVIDADES: http://www.foro2010.org/index.php?option=com_jforms&view=form&id=2&Itemid=121
DÚBIDAS: http://www.foro2010.org/index.php?option=com_content&view=article&id=119%3Adubidas-sobre-as-actividades-autoxestionadas&catid=23%3Aprogramafme&Itemid=101

3-. INSCRIPCIÓN PARA ASISTIR AOS EVENTOS DO FORO
O prazo de inscrición estará aberto até o 1 de novembro. Lembramos que as persoas responsábeis da presentación de actividades deben tamén inscribirse no Foro. O pagamento das inscricións pode realizarse vía electrónica ou ben por ingreso bancario. Siga os pasos que se indican na plataforma de pagamento.
PARA REALIZAR A SÚA INSCRICIÓN: http://www.foro2010.org/index.php?option=com_virtuemart&Itemid=105&lang=gl&vmcchk=1&Itemid=105

4-. CONFIRMACIÓN DE ACTIVIDADES CULTURAIS
Dende novembro, e durante todo o mes de decembro, en diferentes espazos expositivos da cidade de Santiago de Compostela, terán lugar actividades culturais paralelas ao Foro 2010 coa Cultura da Paz como centro (pintura, fotoxornalismo, cinema, banda deseñada, literatura...).
Consulte as primeiras actividades xa confirmadas: http://www.foro2010.org/index.php?option=com_content&view=article&id=121%3Aactividades-culturais-xa-confirmadas&catid=27%3Acultura

5-. NECESITA UNHA CARTA DE INVITACIÓN PARA ASISTIR AO FORO?
Cubra o formulario e a recibirá en pdf: http://www.foro2010.org/index.php?option=com_jforms&view=form&id=6&Itemid=122

Versión imprimible Enviar a un amigo Crea un documento PDF co artigo

Seminario Galego de Educación para a Paz - Rua Valiño, 13 - 1º. San Lázaro - Santiago de Compostela.
Tfno: 981 561 956 - 981 554 053.
paz@sgep.org