
Benqueridas amigas e amigos:
Achego adxunta información detallada sobre o FORO 2010, un evento de enorme relevancia que terá lugar en Santiago de Compostela en Decembro deste ano, no remate do Xacobeo.
Tres congresos internacionais do máximo interese (Información e dereitos humanos; O dereito humano á paz e Memoria, reconciliación e cultura de paz), unha Reunión de Alto Nivel do Grupo da Alianza de Civilizacións de Nacións Unidas coa Comisión de Premios Nobel da Paz e os Coordinadores do Decenio da Cultura da Paz da ONU, e o FORO MUNDIAL DE EDUCACION (FME) TEMÁTICO sobre "Educación, investigación e cultura de paz", por primeira vez en Europa, co apoio do Foro Social Mundial (FSM).
Ademáis, durante todo o mes, en diferentes espacios expositivos da cidade haberá Cinema e Dereitos Humanos, cómic e banda deseñada, literatura infantil e xuvenil antibelicista, fotoxornalismo (Gervasio Sánchez, Grupo Revela), Música (Festival Mundial da Paz, Juanes, Miguel Bosé... ou a actuación da World Peace Orquestra).
Santiago de Compostela e Galicia enteira serán, en Decembro de 2010, a referencia mundial da educación e a cultura da paz.
Toda a información, matrículas, inscricións de actividades autoxestionadas para o FME, reservas, etc. están na web: www.foro2010.org
Qué mellor maneira de celebrar o noso XXV Aniversario (1985-2010) Non esperes a última hora e participa. Difunde entre as túas amizades esta información.