diseño web por IDomo
  Novas Actividades Enlaces Voluntariado Socios Axuda Contacto
S.G.E.P.
Acceso


Páxina (1) 2 3 4 ... 10 »
Comunicados : CENTRO POLA PAZ DE HERBÓN
Enviado por S.G.E.P. o 30/06/09 23:06:00 (13 Lecturas)

PROXECTO PARA O CENTRO POLA PAZ DE HERBÓN

CENTRO POLA PAZ DE HERBÓN

LAR DA PAZ

FUNDACIÓN MOSTEIRO FRANCISCANO DE HERBÓN 

FUNDACION CULTURA DE PAZ

SEMINARIO GALEGO DE EDUCACION PARA A PAZ

CATEDRA UNESCO DE CULTURA DE PAZ E DEREITOS HUMANOS DA USC

ORDE FRANCISCANA

Trátase de restaurar e reabilitar, para o seu uso como Centro pola Paz, un espazo de algo máis de 1.070 metros cadrados de obra nova, sobre un proxecto inicial do arquitecto Pedro de Llano, no antigo Convento Franciscano de Herbón (Padrón), edificio que se remonta ó século XIV, monumento histórico e patrimonio cultural de Galicia.

Texto do acordo

Lar da Paz

Proxecto para o Centro

 

Artigos de opinión : FORO 2010 E CULTURA DE PAZ
Enviado por S.G.E.P. o 30/06/09 23:06:00 (8 Lecturas)

FORO 2010 E CULTURA DE PAZ
Manuel Dios Diz

 O concepto “Cultura de Paz” nace, por iniciativa de D. Federico Mayor Zaragoza, a mediados dos años ’80, como un proxecto “transdisciplinario” que foi configurándose e concretándose sucesivamente con distintas declaracións de Nacións Unidas, a máis importante, sen dúbida, a de 1999, que leva anexo un Programa de Acción moi detallado e que propiciou, posteriormente, novas actuacións, como son, por exemplo, o Manifesto 2000 dos Premios Nobel da Paz ou a proclamación do Decenio 2001-2010 como o da Cultura da Paz e a non violencia para tódolos nenos e nenas do mundo.

Preme en ler máis para ver o resto do artigo                Ver el artículo en Castellano

Ler máis... | 8875 bytes máis
Comunicados : Manifesto sobre a Lingua do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia
Enviado por S.G.E.P. o 15/06/09 14:06:00 (39 Lecturas)
Comunicados : Oferta Publicacións SGEP
Enviado por S.G.E.P. o 15/06/09 12:06:00 (23 Lecturas)

OFERTA DE PUBLICACIÓNS DO SEMINARIO GALEGO DE EDUCACIÓN PARA A PAZ

DURACIÓN DA OFERTA: XUÑO A SETEMBRO

PARA VER AS PUBLICACIÓNS FAI CLIC AQUÍ

Comunicados : REMATE DE ACTIVIDADES CUNHA REUNIÓN NO MUPEGA
Enviado por S.G.E.P. o 13/06/09 13:06:00 (27 Lecturas)

O SGEP REMATOU AS SÚAS ACTIVIDADES DO PRESENTE CURSO CUNHA IMPORTANTE REUNIÓN NO MUPEGA PARA APROBAR NOVOS PROXECTOS

FOI O PASADO SÁBADO, DÍA 13 DE XUÑO

 O Seminario Galego de Educación para a Paz dou por finalizadas as súas actividades no presente curso académico 2008-2009 cunha reunión de socias e socios no MUPEGA (Museo Pedagóxico de Galicia) en Santiago de Compostela o pasado Sábado, día 13, en sesión de mañán. Posteriormente os asistentes tiveron unha comida de confraternidade.

 Ademais de facer un Informe Balance das iniciativas desenvoltas durante o curso que remata, abordáronse novas propostas para o curso que ven, en desenvolvemento do Plan Estratéxico 2008-2011 (visible na web: www.sgep.org) e, de maneira especial, 5 proxectos moi relevantes que foron aprobados por aclamación e asentimento de tódolos asistentes.

 A Asemblea estivo presidido por D. Manuel Dios Diz e actuou de Secretaria Dª Anxos Rodríguez Mourenza. D. Manuel Rodríguez Cobas presentou o Informe Económico 2008, aprobado tamén por unanimidade, e D. Lois Trigo Martínez, as propostas de modificacións estatutarias e os criterios para a creación da Fundación Galega da Paz, tamén aprobados por asentimento.

 Os proxectos concretos son:

• Continuar coa preparación do FORO 2010 no que terán lugar, no mes de decembro, varios eventos de relevo internacional como son: Un Foro Mundial de Educación temático sobre “Educación, investigación e Cultura de Paz”; una reunión de membros do Grupo de Alto Nivel de Nacións Unidas para a Alianza de Civilizacións; unha reunión internacional balance do Decenio da Cultura da Paz e a non violencia 2001-2010 de nacións Unidas; un Congreso Internacional sobre o dereito humano á paz e unha reunión da rede internacional de Museos da Paz, xunto con actividades paralelas, artísticas e culturais relacionadas coa paz, en distintos espazos da cidade (pintura, fotoxornalismo, banda deseñada, música, literatura, cinema).
• Promoción da Lei de Fomento da Cultura da Paz de Galicia no Parlamento da que os grupos parlamentarios teñen unha proposta de texto elaborado polo SGEP como base dun proxecto consensuado.
• Posta en marcha da Cátedra UNESCO de Cultura de Paz e Dereitos Humanos da USC.
• Creación e posta en funcionamento do Centro pola Paz de Herbón no mosteiro que a orde franciscana ten en Padrón.
• Creación da Fundación Galega da Paz

Páxina (1) 2 3 4 ... 10 »

Seminario Galego de Educación para a Paz - Rua Valiño, 13 - 1º. San Lázaro - Santiago de Compostela.
Tfno: 981 561 956 - 981 554 053.
paz@sgep.org