diseño web por IDomo
  Novas Actividades Enlaces Voluntariado Socios Axuda Contacto
S.G.E.P.
Acceso


Información Xeral


ORIXE E COMPOSICIÓN

          O Seminario Galego de Educación para a Paz naceu en 1985 como un Seminario Permanente promovido por un grupo de profesionais dos distintos niveis do ensino (desde a educación infantil ata a universidade) sensibilizados diante da ausencia de materiais didácticos e reflexións teóricas sobre a Educación para a Paz en xeral ou especificamente sobre os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflictos, a interculturalidade ou a Cultura de Paz. Nos últimos anos profesionais doutros ámbitos (dereito, saúde, animación sociocultural, estudiantes...) téñense incorporado ó Seminario Galego de Educación para a Paz que, na actualidade, tense convertido nunha ONG sen ánimo de lucro que forma parte da Coordinadora Galega de ONG´s para o Desenvolvemento e da Coordinadora Galega pola Paz. Os traballos do Seminario Galego de Educación para a Paz nestes anos foron recoñecidos publica e institucionalmente coa concesión de varios premios: de investigación en Ciencias Sociais de Bancaixa (Valencia) por un traballo conxunto sobre a tolerancia, o premio Xustiza e Sociedade en 1998, o León Felipe pola Paz no ano 2.000, o Mensaxeiro da Paz da UNESCO tamén no 2000, e o de promoción de conductas tolerantes da Consellería de Educación no 2001.

A Xunta Directiva do Seminario Galego de Educación para a Paz está integrada por:

Curriculum Manuel Dios Diz

calo.jpg (6907 bytes)

moises.jpg (6391 bytes)

anxos.jpg (5928 bytes)

Manuel Dios Diz
(Presidente)
 

Calo Iglesias (Coordinador do Centro Galego de Investigación para a Paz) 

Moisés Lozano Paz
(Coordinador do Seminario Permanente de Educación para a Paz)
Mª dos Anxos Rodríguez Mourenza
(Secretaria de Actas)

lois.jpg (5548 bytes)

elvira.jpg (7516 bytes)

Alberto López Mariño
(Vocal)

Lois Xoán Trigo
(Vocal)

Elvira Landín Aguirre
(Vocal)
Manuel Rodríguez Cobas
(Tesoureiro)

ramon.jpg (4514 bytes)

maria.jpg (5947 bytes)

Carmen Durán

Carmen Durán (vocal)

Ramón Sánchez Rodríguez
(Vocal)

María Méndez Leis
(Vocal)


OBXECTIVOS

  1. Promove-la Educación para a Paz, os seus obxectivos, contidos e actividades, como eixo transversal obrigatorio do curriculum.
  2. Contribuir á formación inicial e permanente do profesorado.
  3. Divulga-los valores cívicos e democráticos dunha Cultura de Paz proclamados pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos e o Manifesto 2000 promovido polos premios Nobel da Paz.
  4. Realizar actividades culturais que fagan realidade, nas aulas e na sociedade, estes valores
  5. Colaborar e cooperar internacionalmente, de maneira especial, con ONGs similares dos países empobrecidos.

Curso de Verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (Setembro 2002)



SERVICIOS

  • Biblioteca ecopacifista especializada
  • Videoteca
  • Sá de xuntas
  • Páxina web
  • Conexión a Internet
  • Documentación
  • Asesoramento

ACTIVIDADES

  1. Organización anual dos Encontros de Educación para a Paz no mes de Marzo en Santiago de Compostela como un Foro de reflexión e de intercambio de experiencias.
  2. Promoción do Día Escolar pola Paz cada 30 de Xaneiro no aniversario da morte de Mahatma Gandhi.
  3. Entrega dos Premios Portapaz ás persoas ou entidades que destaquen a prol ou en contra da Paz.

    PREMIADOS


    Plataforma do 0,7
    Bemposta Cidade dos Muchachos
    Gesto por la Paz
    Asociación Galega de Defensa dos Desaparecidos en Arxentina
    Concellos de Xixón e Pontevedra, programa Abierto hasta el amanecer

    Carmen Sarmiento
    Federico Mayor Zaragoza
    Baltasar Garzón
    Fernando Valderrama
    Asociación de Mulleres Maltratadas Ovarias
    José Couso, in memorian

    Centro de Investigación para a Paz (C.I.P.) 

    Asociación IRIMIA

    AIDA (Asociación para la integración y desarrollo del Africano 

  4. Realización de Cursos de Formación do Profesorado no marco do Plan Anual da Consellería de Educación e a través dos centros de formación e recursos, así como nos propios centros e nas universidades.
  5. Organización e participación en conferencias, charlas, mesas redondas, encontros e xornadas, sobre os distintos contidos da Educación para a Paz ou a prevención e mediación de conflictos en institucións educativas.
  6. Elaboración, edición e distribución de materiais e recursos didácticos, publicacións, exposicións...que faciliten a incorporación da Educación para a Paz no curriculum.



Adolfo Pérez Esquivel (Premio Nobel da Paz)
e Manuel Dios Diz (Presidente do SGEP)
nos XV Encontros de Educación para a
Paz en Santiago de Compostela

Federico Mayor Zaragoza (Ex-Director
Xeral da UNESCO) nos XV Encontros
para a Paz en Santiago de Compostela



PRESENCIA INTERNACIONAL

          O Seminario Galego de Educación para a Paz forma parte do Comité Executivo da Asociación Internacional de Educación para a Paz (AIEP) con sede en París; é membro do Comité Asesor Internacional da Campaña Global de Educación para a Paz da Hague Appeal for Peace (Chamado pola Paz da Haia) con sede en Nova Iorque, e forma parte da rede internacional Trascend.
No ámbito do Estado Español o SGEP forma parte de AIPAZ, rede de organizacións e centros de Educación e Investigación para a Paz.

CONVENIOS MARCO DE COLABORACIÓN

          Na actualidade o Seminario Galego de Educación para a Paz mantén vixentes distintos Acordos Marco de Colaboración con diferentes entidades públicas e privadas para a realización de actividades, coas universidades, co Valedor do Pobo, coa Fundación e Obra Social de Caixa Galicia, co Consello da Cultura Galega, coa Fundación Cultura de Paz...así como coa Consellería de Educación, coa Consellería de Cultura e con varios concellos.

ACTA DE CONSTITUCIÓN

Seminario Galego de Educación para a Paz - Rua Valiño, 13 - 1º. San Lázaro - Santiago de Compostela.
Tfno: 981 561 956 - 981 554 053.
paz@sgep.org