A dispor do centro educativo que o solicite (e do profesorado) temos unha moi relevante videoteca ecopacifista en vídeo e dvd coa súa correspondente Unidade Didáctica co obxecto de traballar na aula os valores cívicos e democráticos, a convivencia, os conflictos e a súa resolución pacífica, os dereitos humanos, a interculturalidade, a discriminación, contidos curriculares, transversais... utilizando o cine como inmellorable recurso didáctico na Educación para a Paz e como obxecto de coñecemento en sí mesmo..
Na columna CD (Comentarios Didácticos) iremos incorporando en formato pdf (v.5.00 ou superior) as fichas técnicas e didácticas de cada película. Para consultas técnicas sobre as películas, recomendamos a páxina web www.imdb.com (The Internet Movie Data Base) sen dúbida a mellor base de datos de cine en Internet.
|





