CIDADANÍA E DEREITOS HUMANOS
Manuel Dios
Durante tres intensos días, cerca de duascentas persoas de moi diferentes ámbitos (profesorado, pais e nais, técnicos de educación, expertos, alumnado de facultades relacionadas coa docencia...) participamos activamente nos XXII ENCONTROS DE EDUCACIÓN PARA A PAZ, en Compostela, nesta ocasión, para reflexionar sobre a nova materia implantada pola Lei Orgánica de Educación (LOE) coa denominación de “Educación para a cidadanía e os dereitos humanos” e que será impartida polo profesorado titor en Primaria e polo de Filosofía e Historia en Secundaria a partir do curso que ven.
Desde logo que estamos diante dunha disciplina sobre a que está aberto un amplo debate social, en ocasións, excesivamente visceral, con acusacións non sempre acertadas, moitas veces, moi alonxadas do sereno debate académico, creo que, no fondo, porque están en xogo intereses moi contrapostos (continúa...)
PREME EN LER MÁIS