|
ORIXE E COMPOSICIÓN
O Seminario Galego de Educación para a Paz naceu en 1985 como un Seminario Permanente promovido por un grupo de profesionais dos distintos niveis do ensino (desde a educación infantil ata a universidade) sensibilizados diante da ausencia de materiais didácticos e reflexións teóricas sobre a Educación para a Paz en xeral ou especificamente sobre os dereitos humanos, a tolerancia, a solidariedade, o ecopacifismo, a solución pacífica de conflictos, a interculturalidade ou a Cultura de Paz. Nos últimos anos profesionais doutros ámbitos (dereito, saúde, animación sociocultural, estudiantes...) téñense incorporado ó Seminario Galego de Educación para a Paz que, na actualidade, tense convertido nunha ONG sen ánimo de lucro que forma parte da Coordinadora Galega de ONG´s para o Desenvolvemento e da Coordinadora Galega pola Paz. Os traballos do Seminario Galego de Educación para a Paz nestes anos foron recoñecidos publica e institucionalmente coa concesión de varios premios: de investigación en Ciencias Sociais de Bancaixa (Valencia) por un traballo conxunto sobre a tolerancia, o premio Xustiza e Sociedade en 1998, o León Felipe pola Paz no ano 2.000, o Mensaxeiro da Paz da UNESCO tamén no 2000, e o de promoción de conductas tolerantes da Consellería de Educación no 2001.
OBXECTIVOS
-
Promove-la Educación para a Paz, os seus obxectivos, contidos e actividades, como eixo transversal obrigatorio do curriculum.
-
Contribuir á formación inicial e permanente do profesorado.
-
Divulga-los valores cívicos e democráticos dunha Cultura de Paz proclamados pola Declaración Universal dos Dereitos Humanos e o Manifesto 2000 promovido polos premios Nobel da Paz.
-
Realizar actividades culturais que fagan realidade, nas aulas e na sociedade, estes valores
-
Colaborar e cooperar internacionalmente, de maneira especial, con ONGs similares dos países empobrecidos.

Curso de Verán da Universidade Internacional Menéndez Pelayo (Setembro 2002)
SERVICIOS
-
Biblioteca ecopacifista especializada
-
Videoteca
-
Sá de xuntas
-
Páxina web
-
Conexión a Internet
-
Documentación
-
Asesoramento
ACTIVIDADES
-
Organización anual dos Encontros de Educación para a Paz no mes de Marzo en Santiago de Compostela como un Foro de reflexión e de intercambio de experiencias.
-
Promoción do Día Escolar pola Paz cada 30 de Xaneiro no aniversario da morte de Mahatma Gandhi.
-
Entrega dos Premios Portapaz ás persoas ou entidades que destaquen a prol ou en contra da Paz.
PREMIADOS
Plataforma do 0,7
Bemposta Cidade dos Muchachos
Gesto por la Paz
Asociación Galega de Defensa dos Desaparecidos en Arxentina
Concellos de Xixón e Pontevedra, programa Abierto hasta el amanecer
Carmen Sarmiento
Federico Mayor Zaragoza
Baltasar Garzón
Fernando Valderrama
Asociación de Mulleres Maltratadas Ovarias
José Couso, in memorian
Centro de Investigación para a Paz (C.I.P.)
Asociación IRIMIA
AIDA (Asociación para la integración y desarrollo del Africano
-
Realización de Cursos de Formación do Profesorado no marco do Plan Anual da Consellería de Educación e a través dos centros de formación e recursos, así como nos propios centros e nas universidades.
-
Organización e participación en conferencias, charlas, mesas redondas, encontros e xornadas, sobre os distintos contidos da Educación para a Paz ou a prevención e mediación de conflictos en institucións educativas.
-
Elaboración, edición e distribución de materiais e recursos didácticos, publicacións, exposicións...que faciliten a incorporación da Educación para a Paz no curriculum.
 
Adolfo Pérez Esquivel (Premio Nobel da Paz) Federico Mayor Zaragoza (Ex-Director
e Manuel Dios Diz (Presidente do SGEP) Xeral da UNESCO) nos XV Encontros
nos XV Encontros de Educación para a Paz en Santiago de Compostela
para a Paz en Santiago de Compostela
PRESENCIA INTERNACIONAL
O Seminario Galego de Educación para a Paz forma parte do Comité Executivo da Asociación Internacional de Educación para a Paz (AIEP) con sede en París; é membro do Comité Asesor Internacional da Campaña Global de Educación para a Paz da Hague Appeal for Peace (Chamado pola Paz da Haia) con sede en Nova Iorque, e forma parte da rede internacional Trascend.
No ámbito do Estado Español o SGEP forma parte de AIPAZ, rede de organizacións e centros de Educación e Investigación para a Paz.
CONVENIOS MARCO DE COLABORACIÓN
Na actualidade o Seminario Galego de Educación para a Paz mantén vixentes distintos Acordos Marco de Colaboración con diferentes entidades públicas e privadas para a realización de actividades, coas universidades, co Valedor do Pobo, coa Fundación e Obra Social de Caixa Galicia, co Consello da Cultura Galega, coa Fundación Cultura de Paz...así como coa Consellería de Educación, coa Consellería de Cultura e con varios concellos.
ACTA DE CONSTITUCIÓN - ESTATUTOS
|