|

A restricción brutal das axudas públicas e privadas ás entidades do Terceiro Sector, ONGs, etc. e o retraso no pagamento das débedas pendentes por parte das institucións (que arrastramos desde 2010), está a provocar que o Seminario Galego de Educación para a Paz, como outras organizacións, pase por unha coxuntura económica especialmente delicada.
Levamos un ano cun Plan de Viabilidade moi estrito e aínda así faise imprescindíbel esta petición de colaboración voluntaria, doazón ou asociación para facer fronte ós gastos correntes e poder manter iniciativas que vimos desenvolvendo desde 1985.
Se queres colaborar, axudar, ou facerte socio ou socia, non dubides en entrar na nosa Conta Corrente en Nova Caixa Galicia Banco para realizar unha achega.
Se optas por facerte socio ou socia, manda os teus datos cumprimentados no formulario adxunto.
A cota é de tan só 48 € por ano.
Conta Corrente nº: 2091-0376-20-30000-17420
Moitas grazas.
FORMULARIO PARA SOCIAS/OS
Obligatorio *
|